lunes, 30 de diciembre de 2013

lunes, 23 de diciembre de 2013

NABUCCO

Coñecíades Nabucco do xa noso Verdi?

O día da súa morte, a xente cantoulla de maneira espontánea como homenaxe.

É espectacular...



miércoles, 4 de diciembre de 2013

lunes, 2 de diciembre de 2013

A CAROLINA

Aquí vos deixo a letra da canción "A saia da Carolina".... Alguén non a sabe???????


A CAROLINA.

 

A saia da Carolina,

ten un lagarto pintado,

Cando Carolina baila

O lagarto dalle ó rabo.

 

Bailaches Carolina

Bailei, si señor

Dime con quen bailaches

Bailei co meu amor

Bailei co meu amor

Bailei co meu amor

Bailaches Carolina

Bailei, si señor.

 

A Carolina é unha tola

Que todo fai do revés

Vístese pola cabeza

E íspese polos pés.

 

Bailaches Carolina

Bailei, si señor

Dime con quen bailaches

Bailei co meu amor

Bailei co meu amor

Bailei co meu amor

Bailaches Carolina

Bailei, si señor.

 

O señor cura non baila

Porque ten unha coroa

Baile señor cura, baile

Que Deus todo llo perdoa.

 

Bailaches Carolina

Bailei, si señor

Dime con quen bailaches

Bailei co meu amor

Bailei co meu amor

Bailei co meu amor

Bailaches Carolina

Bailei, si señor.

 

Co teu amor Carolina

Non volvas a bailar

Porque che levanta a saia

E é moi mala de baixar

Moi mala de baixar

Moi mala de baixar

Co teu amor carolina

Non volvas a bailar

viernes, 29 de noviembre de 2013

Mis EX-VECINOS de 4º B

Os meus Ex-vecinos de 4º B, fixéronme un regalo a semana pasada. Estiveron facendo papel reciclado na aula e gardáronme un anaquiño para min, pero mirade QUE ANAQUIÑO MÁIS FERMOSO!!!

miércoles, 27 de noviembre de 2013

lunes, 25 de noviembre de 2013

SANTA ICÍA!!!

E rematamos esta semana de celebración de Santa Icía.. déixovos algunhas fotos do material que empregamos e de varias cousiñas máis... O ANO QUE VÉN MÁIS E MELLOR!!!




 
 








 
 
 

viernes, 22 de noviembre de 2013

FELIZ DÍA DE SANTA ICÍA!!!!

Parabéns a tódolos nenos do Galán, que aínda que só sexa unha hora á semana, podedes considerarvos uns PEQUENOS GRANDES MÚSICOS!!!


lunes, 18 de noviembre de 2013

REMATANDO OS EXAMES E EMPEZANDO...

Estas dúas semanas estivemos de exame, pero case, case rematamos... quédanos algún por aí nalgún curso...
Na avaliación houbo que cantar as cancións que sabemos, tocar coa frauta e os xilófonos, facer ritmos, ler as figuras musicais, ler as notas no pentagrama, identificar os instrumentos da familia da corda, o comportamento e a participación nas tarefas propostas na aula.

 
E... MOITA ATENCIÓN
QUE
 EMPEZAMOS COA SEMANA DE
SANTA ICÍA
A PATROA DA MÚSICA!!!

sábado, 16 de noviembre de 2013

O piano tamén é de CORDA

Adornamos os peitorís das ventas... cuns teclados dun piano... chulas, eh?


jueves, 14 de noviembre de 2013

Morcegos...

Morcegos, esqueletos, pantasmas... pero TODOS TOCANDO INSTRUMENTOS DE CORDA








domingo, 10 de noviembre de 2013

NIN A LIGA DE FÚTBOL

Estas puntuacións do concufrauta están máis apertadas que nunca.... Cuarto A seguen de primeiros pero están moi, moi, moooooooi cerquiña a un punto, a dous, a tres....

miércoles, 6 de noviembre de 2013

AIDA, a castaña violinista do Galán

Se a semana pasada vos presentaba á Araña Traviata, esta semana vos vou a presentar á castaña violinista Aida... que como por casualidade chámase igual que outra das óperas máis importantes de Verdi... Que casualidade non?

lunes, 4 de noviembre de 2013

domingo, 3 de noviembre de 2013

Un voluntario... FORZOSO???

Lembrades que hai unha semana preguntei se había algún voluntario para sacarse unha foto de esqueleto arpista... "OFRECEUSE" RICHARD, RICHARD WAGNER



martes, 29 de octubre de 2013

Un Samaín de cordas

Ao longo de todo o trimestre estamos a traballar con instrumentos da familia da corda, por iso aproveitamos para tunear un pouco un esqueleto que toca a arpa... alguén se anima a sacar a foto???

domingo, 27 de octubre de 2013

TRAVIATA

Vos presento á nosa araña "Traviata", que... como por casualidade.... chámase igual que unha ópera do noso Giuseppe Verdi!!!
Grazas á profe Lorena por regalarnos esta araña para a aula de música.

viernes, 18 de octubre de 2013

Verdi... e para que non se vos olvide...

Como xa sabedes todos, debido ao bicentenario do compositor Giuseppe Verdi colguei unhas estiquetas pequeñas polos pasillos... para que non se lle esqueza a ninguén que a partires de agora estamos aprendendo cousiñas novas de Giuseppe Verdi.