viernes, 26 de abril de 2013

MENUDA FESTAAAA!!!

Despois de todo o mes estar neste sin vivir... por fin recuperamos os instrumentos grazas a axuda que nos prestou Loli, que por certo... foi a principal sospeitosa todo este tempo... pois non podíamos facelo  doutra maneira que non fose cunha SUPERFESTA DE VENTO!!!!!

Queredes máis detalles? Uiiiiii.... pois imos ter un pouco máis de paciencia... jeje

Pero... así atopamos os instrumentos...




jueves, 25 de abril de 2013

MISTERIO RESOLTOOOOOOO!!!


 
 
 
Por fin se resolveu o misterio da desaparición de instrumentos do mestre de música!!!
Despois de tanta preocupación, despois de tanto misterio ao final todo se arranxou, e por fin descubrimos cal foi o misterio da desaparición dos instrumentos da clase de música de Galán.
Pero… xa resolto o misterio, queredes saber que foi o que pasou???? Pois…
 
VÉMONOS MAÑÁ NA AULA DE MÚSICA!!!!
 

miércoles, 24 de abril de 2013

OS ANÓNIMOS...

Mirade os anónimos que foron aparecendo na aula... que por certo...  foron probas decisivas para aclarar o misterio...


 
 
 
 

lunes, 22 de abril de 2013

ISTO TENSE QUE ACABAR!!!!

Por se fora pouco coa desaparición do saxofón e o clarinete... AGORA A GAITA!!!!


domingo, 21 de abril de 2013

Para os de Segundo... varias semanas despois...

Os rapaces e rapazas de Segundo... Xa sei que xa hai dúas semanas que volo prometín pero con esto da desaparición de instrumentos... NON DOU FEITO!!!!


viernes, 19 de abril de 2013

E como nos gusta saberrrrrrrrr

A gaita galega é un instrumento de vento madeira propio de Galicia, norte de Portugal, occidente de Asturias e o Bierzo. É o símbolo por excelencia da música tradicional galega.
A característica esencial da gaita é a presenza dun odre ou bolsa de coiro que actúa como depósito de aire e que baixo a presión do cóbado, mantén regular o subministro de aire ó tubo cando aquel suspende a súa expiración para tomar novo alento,é dicir, que xa polo sopro, xa pola forza do brazo, a presión é constante  e regular.
 
A gaita galega consta das seguintes partes:
  • Un soprete, co que se introduce o aire no fol.
  • Un punteiro, co que se pode tocar en aberto, ou en pechado.
  • Un fol, onde se almacena o aire que fai que soe o instrumento.
  • Un roncón, o tubo que se apoia sobre o ombro do gaiteiro, que soa na mesma nota que o son do punteiro na posición de re, pero dúas oitavas máis abaixo.
  • Un ronquete, o tubo que se apoia sobre o antebrazo dereito do gaiteiro, que soa na mesma nota do roncón, pero unha oitava máis arriba que este e unha máis abaixo que a posición re do punteiro
  • Un ronquillo, que sae do fol paralelo ao ronquete, que soa con igual nota que a posición re do punteiro, unha oitava máis arriba que o ronquete e dúas máis arriba que o roncón.
O roncón componse de tres pezas: a tercia, ou parte final, por onde sae o son que remata na copa, a segunda e a prima. O ronquete está composto de dúas pezas respectivamente, copa e prima. O ronquillo é de unha soa peza.
O roncón, o ronquete e o ronquillo sintonízanse á nota do punteiro mediante o deslizamento telescópico das súas partes. As gaitas adórnanse con gravuras sobre a madeira, deseños sobre o fol, farrapos e borlas.
A gaita galega acostuma ser construída con madeira de buxo, pao santo e granadillo. As buxas (os tubos que conectan as pezas) fixéronse tradicionalmente de corno ou madeira de buxo, mais os modelos en metal ou marfil (e súa imitación) son cada vez máis frecuentes. Na actualidade utilízanse foles e pallóns sintéticos, etc

As primeiras representacións gráficas da gaita son de mediados do século XIII.

Non é habitual que un gaiteiro toque só.
Normalmente reúnense dous ou tres, que se acompañan de percusión: bombo e tamboril, pandeiro, pandeiretas, cunchas, etc. Ademais destes grupos de gaitas, nos anos noventa do século XX apareceron numerosas bandas de gaitas baseadas no modelo escocés.
Moitos países contan con interesantes variantes deste instrumento.

jueves, 18 de abril de 2013

E a gaita... tamén é de vento??

Aínda que estamos con toda a preocupación do saxofón e do clarinete, non perdemos de vista os obxetivos de "Abril de vento...", e seguimos co instrumento desta semana que non é outro que a nosa querida Gaita Galega!!!!


lunes, 15 de abril de 2013

ESO SI QUE NON... O MEU CLARINETE, NOOOON!!!!!

Esto está poñéndose moi complicado, agora tamén desapareceu o clarinete, O MEU CLARINETE!!!!



viernes, 12 de abril de 2013

Que saibades que é o meu favorito!!!

Si, o clarinete é o meu instrumento máis favoritísisisimo do mundo mundial!!!!
Pero sabedes todo o que hai que saber do clarinete?
Veña, veña... a ler un pouco e a poñerse as pilas...

O clarinete é un instrumento da familia do vento- madeira de lingüeta simple.
Consta de cinco partes como: boquilla, barrilete, corpo superior, corpo inferior e campá.
O material empregado na súa construción soe ser  ébano (madeiras africana).
Cara o ano 1750, o clarinete de cinco chaves converterase xa no modelo habitual.
O clarinete adquiriu progresivamente chaves adicionais para facilitar a súa execución, durante o século XVIII e XIX.
Comezou a empregarse na orquestra no século XVIII.
O clarinete alcanza no clasicismo o seu merecido recoñecemento das mans de Mozart co Concerto para clarinete op.622.
O clarinete é un instrumento usado para estilos de música tan variados como a música clásica, o Folk, o jazz, etc.

jueves, 11 de abril de 2013

De tódolos xeitos.. seguimos...

Aínda que estamos moi preocupados pola desaparición do saxofón, seguimos co programa "Abril de vento".
E esta semana tocaba un novo instrumento... O CLARINETE!!!!!


lunes, 8 de abril de 2013

ATENCIÓN, ATENCIÓN... QUE DESAPARECEU O SAXOFÓN!!!!!

Hoxe pola mañá aparecía nos corredores a seguinte nova... isto empeza a ser preocupante...


viernes, 5 de abril de 2013

Aproveitamos a repasar...

Lembrades que no 2º trimestre estivemos a traballar os instrumentos da familia da corda, que rematamos o mesmo día que acabamos a nosa "Árbore de corda" da que falamos máis atrás.

No primeiro trimestre traballamos os instrumentos da familia do vento, e de feito, a actividade de "Abril de vento... " estaba prevista nese momento, pero por circunstancias persoais non puiden levala a cabo nese momento.

Aver..., a verrrrrrrrr... imos facer memoria... Acordádesvos de como se chamaban?







jueves, 4 de abril de 2013

O saxofón


O saxofón é un instrumento de vento madeira, aínda que a súa construción é metálica,  inventado por Adolphe Sax.
Os saxofóns máis pequenos fanse cunha forma recta, mentres que os máis grandes teñen o pavillón dobrado cara á fronte e o colo dobrado cara ao intérprete.
Todos teñen chaves adicionais para estender o ámbito.
Entre os saxofóns que se utilizan na actualidade figuran o sopraniño, o soprano, o contralto, o tenor, e o barítono.
O instrumento utilizase no jazz, na música popular, nas bandas militares e noutros grandes conxuntos. Tamén se utiliza en certa medida na música orquestral e de cámara.


martes, 2 de abril de 2013

ATENCIÓN ATENCIÓN

ABRIL DE VENTO... E QUE NON FALTE NINGÚN INSTRUMENTO!!!!!!

Hoxe ao chegar ao colexio atopamos esta nova colgada polos corredores...


lunes, 1 de abril de 2013

Día da árbore

Pouquiño a pouco... ao longo da última semana de clase... fomos facendo a nosa pequena homenaxe para conmemorar o día da árbore coa nosa propia aportación dende a aula de música... verdade que a nosa árbore quedou moi musical???