domingo, 26 de mayo de 2013

1ª Expo Instrumental Galán 2013

Cando a principios de curso lle pedín a colaboración neste proxecto ás profes de cuarto... como sempre... ningún problema... Así é una marabilla traballar!!!!

Grazas Luisa
 
Grazas Pili










viernes, 24 de mayo de 2013

E os de Cuarto B... traballando!!!!!

Fai tempo subín fotos de 4º A traballando... pero non eran os únicos!!!!

Aquí temos a 4º B:










jueves, 23 de mayo de 2013

Como foi a celebración....

Pois... como o íamos a celebrar? Pois da mellor maneira que o podíamos facer...TOCANDO E FACENDO SOAR OS INSTRUMENTOS!!!!






















miércoles, 22 de mayo de 2013

GRAZAS A LOLI

Como non podía ser doutra maneira, démoslle as grazas a Loli por participar con nós neste gran misterio!!!


martes, 21 de mayo de 2013

Onde atopamos os nosos instrumentos...

Pois, alí estaban... ao lado do invernadoiro... COA DE VECES QUE BUSCAMOS POR ALÍ!!!!!!!!

lunes, 20 de mayo de 2013

Abril, abril de vento... por donde investigamos?

Imos agora a desvelar pouquiño a pouco o noso superabril de vento que tivemos... no que pouco a pouco desaparecían os instrumentos que eu levaba á aula de música. Primeiro o saxo, logo o clarinete, e por último a gaita...
Buscamos... POR TODO O COLEXIO!!!!




jueves, 16 de mayo de 2013

Semana Multicultural na aula de música

Esta semana, ademáis de celebrar o "Día das Letras Galegas", tamén celebramos unha Supersemana Multicultural na que dende a aula de música quixemos poñer o noso pequeniño grao de area.
Para iso, toda esta semana nas clases de música adicamos a traballar a música de diferentes lugares do mundo a través dunha superviaxe.
Saimos de Oseiro con música popular galega, pasamos por América do Norte cunha tribu dos indios americanos, fomos a China cunha canción interpretada coa frauta, pasamos bailando un baile de Dinamarca, tamén cantamos una canción africana, una canción de Tahití...
QUE MARAVILLA DE RIQUEZA MULTICULTURAL!!!!!!

miércoles, 15 de mayo de 2013

Para o segundo ciclo estamos...

Empezamos hoxe coa archicoñecida "O voso galo comadre"... onte xa comezamos con 3º B foi un éxito!!!!

Para repasar déixovos a letra... pero para estudiar, eh???



“O VOSO GALO COMADRE”

Eu quería me casare.
Miña nai non teño roupa.
Eu quería me casare.
Miña nai non teño roupa
Casa miña filla casa
que una perna tapa a outra
Unha perna tapa outra.
Ai la le lo ai la le lo.

Para vir a xunta min,
para vir a xunta min,
Vai lavar a cara
Vai lavar a cara,
vai lavar a cara, galopín

Para vir a xunta min,
para vir a xunta min,
Vai lavar a cara
Vai lavar a cara,
vai lavar a cara, galopín

O voso galo comadre
téñeno mal enseñado.
O voso galo comadre
téñeno mal enseñado.
Vai cantar todas as noites
enriba do meu tellado,
enriba do meu tellado.
Ai la le lo ai la le lo.

Para vir a xunta min,
para vir a xunta min,
Vai lavar a cara
Vai lavar a cara,
vai lavar a cara, galopín
Para vir a xunta min,
para vir a xunta min,
Vai lavar a cara
Vai lavar a cara,
vai lavar a cara, galopín

Tua nai e mais a miña,
quedan no río berrando
Tua nai e mais a miña,
quedan no río berrando
por culpa dunha galiña
que ten amores co galo
que ten amores co galo.
Ai la le lo ai la le lo


Para vir a xunta min,
para vir a xunta min,
Vai lavar a cara
Vai lavar a cara,
vai lavar a cara, galopín
Para vir a xunta min,
para vir a xunta min,
Vai lavar a cara
Vai lavar a cara,
vai lavar a cara, galopín

martes, 14 de mayo de 2013

Os quintos e sextos despiden o trimestre con "Ollos verdes son traidores"

Se son traidores ou os azuis son mentireiros non o sabemos... pero que en nada temos esta canción dominada, eso si que o podemos asegurar!!!
Aquí tedes a letra:

OLLOS VERDES….

 

Ollos verdes son traidores

Ollos verdes son traidores

Azuis son mentireiros

Os negros e acastañados son firmes e verdadeiros

Os negros e acastañados son firmes e verdadeiros

 

Na veira, na veira, na veira do mar

Hai unha lanchiña pra ir a navegar

Pra ir a navegar, pra ir a navegar

Na veira, na veira, na veira do mar

 

Ben te vin pasalo río

Ben te vin pasalo río

Con zoquiños de Madeira

Ías arremangadiña ó pasar pola ribeira

Ías arremangadiña ó pasar pola ribeira

 

Na veira, na veira, na veira do mar

Hai unha lanchiña pra ir a navegar

Pra ir a navegar, pra ir a navegar

Na veira, na veira, na veira do mar

 

Non sei que dirán os mares

Non sei que diran os mares

Miro sen velo que vexo

Pero a pesar de non verte sei moi ben canto te quero

Pero a pesar de non verte sei moi ben canto te quero

 

Na veira, na veira, na veira do mar

Hai unha lanchiña pra ir a navegar

Pra ir a navegar, pra ir a navegar

Na veira, na veira, na veira do mar

 

 

 

lunes, 13 de mayo de 2013

E comezamos esta semaniña coas letras galegas...

Este trimestre estamos traballando cos pequenos do cole, infantil e primeiro ciclo a canción galega "Amoriños collín".. eso si... con moita dramatización "made in galán"...

Aquí tedes a letra:

AMORIÑOS COLLÍN.
Amoriños collín
na veiriña do mar
amoriños collín
non os podo olvidar.
Non os podo olvidar
non os podo olvidar
amoriños collín
na veiriña do mar.