miércoles, 31 de diciembre de 2014

SOMOS GALÁN

Que o novo ano veña acompañado de todo o mellor para vós e as vosas familias!!!


miércoles, 26 de noviembre de 2014

MÁIS da BSO DE MARY POPPINS



Unha Banda Sonora Orixinal non está composta por un único tema, senón que a forman varios números musicais

martes, 25 de noviembre de 2014

CON UN POCO DE AZÚCAR

Esta versión é en español, pero tédela en inglés no blogue da profe Maryem


lunes, 24 de noviembre de 2014

PORQUE DEIXOU DE CANTAR JULIE ANDREWS???

Xa que estamos aprendendo cousiñas de música grazas a Mary Poppins, aproveitamos tamén para falar da importancia do bo uso e coidado das cordas vogais.
Aínda non sabedes por que deixou de cantar Julie Andrews??


sábado, 22 de noviembre de 2014

FELIZ DÍA DE SANTA ICÍA

Onte rematamos coa semana adicada á celebración da Patroa dos músicos: Santa Icía.

Este ano aproveitamos para aprender a procedencia do nome das notas musicais,

Vos soa de algo este Himno?????


miércoles, 19 de noviembre de 2014

RAP DO MAGOSTO

“Magosto magosto
non vaias co posto
leva castañas
e alegra ese corpo”


Como estamos en tempo de Magosto, na megafonía de Galán estamos escoitando o “Rap do Magosto” de Paco Nogueiras.

viernes, 14 de noviembre de 2014

MURAL DO SAMAÍN

Os rapaces de Primeiro son os encargados dos murais do curso... o que imos disfrutar!!!

Este é o seu primeiro mural: O MURAL DO SAMAÍN


























lunes, 10 de noviembre de 2014

POR QUE "MARY POPPINS"?

A finais do curso pasado falamos das B.S.O., a través de Henry Mancini e o seu tema "Moon river" que foi gañador dun Oscar.

Uns anos máis tarde, no 1964, Mancini volveu a ter outra B.S.O. nominada que era "A Pantera Rosa"... pero que neste caso NON gañou o Oscar.

Quen o gañou?

A Banda Sonora Orixinal de "Mary Poppins".

Nin máis nin menos que 50 anos!!!







viernes, 7 de noviembre de 2014

OS MEUS VECIÑOS DE 3º C

Os meus veciños de 3º C regaláronme estos adornos de Samaín, a que son chulos!!
Grazas!!!





viernes, 24 de octubre de 2014

GRUPO MOZART

Deliciosos instrumentos de corda... alguén recoñece un fragmento dun tema dos Beatles? Cuartos... vos soan os Beatles? (Como algún diga que non...jajajajja)

miércoles, 22 de octubre de 2014

BAQUETA ROTA

Pois nada... que me emociono... e estoume quedando sin baquetas...



lunes, 20 de octubre de 2014

Peer Gynt de plasti, e xogando ao Xadrez?

Hai uns días escoitábamos en 5º un fragmento da obra de Edward Grieg, "Peer Gynt"...Aquí tedes outro fragmento que tamén pertence a esta obra.

viernes, 17 de octubre de 2014

MARY POPPPPINS?????

A música dunha peli, unha chimenea, un Oscar, 1964... NON A RECOÑECEDES???

jueves, 16 de octubre de 2014

MOON RIVER

Porque o prometido é deuda... aí vai un pequeno recordo de Henry Manciny e o seu Oscar pola BSO de "Desayuno con diamantes"


lunes, 13 de octubre de 2014

Música do outono.

Está soando na megafonía do cole "O outono" de Antonio Vivaldi.... porque... ainda que non faga moito  frío.... XA ESTAMOS EN OUTONO!!!


miércoles, 17 de septiembre de 2014

ASÍ QUEDOU

Así quedou a aula de música, non me digades que non quedou chulísima!!!!













martes, 9 de septiembre de 2014

lunes, 30 de junio de 2014

ISTO REMATOU

Pois si, chegamos ao final de curso, agora toca descansar un pouco para coller con forza e moitos ánimos o próximo curso.
Un ano máis no que aprendemos (eu incluído) moitas cousas novas, melloramos outras, e nos desfixemos de algunha outra...
Pero un ano máis nas nosas vidas, un ano máis de alegrías, tamén de tristezas, de momentos duros e de momentos moi doces... como a vida.
Grazas a todos e todas.
Disfrutade do verán moooooooooooito!!!!!!!
Vémonos en setembro!!!!!!