viernes, 30 de mayo de 2014

lunes, 26 de mayo de 2014

AMORIÑOS... TAREFA

Unha pista, unha tarefa...
Foi unha verdadeira sorpresa a resposta de toda primaria á hora de adiviñar e aprender a canción "Amoriños collín".... o feito de molestarse en preguntar, de aprender e incluso de escribir a letra da canción (incluso con faltas) para min ten mooooooito valor.... porque non temos que saber todo nin de todo, pero vainos a ser moi útil resolver as situacións que se nos plantexen na vida, Bravo rapaces!!!!!!



miércoles, 21 de mayo de 2014

O GATO


O gato

Xuntáronse catro un día
Os mellores deste barrio
Fixeron unha batida
E os meteron nun saco

Vai o gato metido nun saco
Vai o gato para terra de Laxe
Vai o gato metido nun saco
Ai gatiño xa non volve máis

Aquel gato era un artista
Traballando na ribeira
Agora é un bañista
Na praia da castiñeira

Vai o gato metido nun saco…

Que mal lles parecería
A calquera deses catro
Que os meteran nun saco
Como meteron ó gato

Vai o gato metido nun saco…

lunes, 19 de mayo de 2014

AI PEPIÑO...


Ai Pepiño "adiós".

Ai Pepiño "adiós"
Ai Pepiño "adiós"
Ai Pepiño por Dios non te vaias
Quédate con nós,
Quédate con nós
Non te vaias afogar á praia
Como nos pasou a nós
Havos de pasar a nós.

Ai Sálvora, ai San Vicente
Ai Sálvora, ai San Vicente
Ai Sálvora, ai San Vicente
As nenas bonitas, hainas en Mourente
Ai Sálvora, ai San Vicente
As nenas bonitas, hainas en Mourente

Ai Pepiño "adiós"
Ai Pepiño "adiós"
Ai Pepiño por Dios non te vaias
Quédate con nós,
Quédate con nós
Non te vaias afogar á praia
Como nos pasou a nós
Havos de pasar a nós.




viernes, 16 de mayo de 2014

COLLÍN COLLÍN


Collín, collín.

Collín, collín, collín, toxos e frores
E pensamen, e pensamen, e pensamentos
Pala, pala, palabras amorosas
 Que leva o ven, que leva o ven, que leva o vento

Ai la lala lala lalalalala lala lala lalalalala lala lala lalalalala
Ai la lala lala lalalalala lala lala lalalalala lala lala lalalalala

Eu fun, eu fun, eu fun bo mariñeiro
E a miña do, e a miña dona era mellor
Casei casei casei cunha de Ourense
E agora son, e agora son afiador

Ai la lala lala lalalalala lala lala lalalalala lala lala lalalalala
Ai la lala lala lalalalala lala lala lalalalala lala lala lalalalala